Resolución de problemas |
Presentación e entrega de comentarios de texto e/ou imaxes de obras de arte relacionadas coas diferentes tendencias da Arte Contemporánea.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Capacidade para recoñecer e reflexionar sobre as principais aportacións artísticas ao longo da historia. |
20 |
|
|
|
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Proba consistente nun comentario breve de cinco obras de arte relacionadas co temario.
Para superar a materia, é necesario acadar nesta proba unha cualificación mínima de 5 puntos.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
O coñecemento da Historia da Arte Xeral como proceso complexo, aberto e discontinuo a partir da compartimentación do tempo histórico en diversos períodos.
Capacidade para recoñecer e reflexionar sobre as principais aportacións artísticas ao longo da historia. |
20 |
|
|
|
|
Observación sistemática |
Valoración do traballo autónomo do alumnado, a través da realización de cuestionarios sobre os contidos da materia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Capacidade para recoñecer e reflexionar sobre as principais aportacións artísticas ao longo da historia.
Lectura da obra de arte como documento excepcional dos gustos estéticos e da mentalidade do pasado. |
10 |
|
|
|
|
Os estudantes que se acollan á
modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na
plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o
acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución
dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.
Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto
co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por
outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento
individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.). O estudante deberá cumplir os
requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua.
Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como
imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais
(Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles
alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos
contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que supoñerá o 70% da nota final, e un traballo obligatorio, que representará un 30% desta. |