AVALIACIÓN CONTINUA (AC) O alumnado deberá realizar as actividades propostas e entregalas no prazo en Moovie, tanto as correspondentes á parte de elaboración e deseño de cuestionarios como á parte de mostraxe e análise de datos. O peso da valoración na nota de cada unha das partes será do 40%. Tamén o estudante terá que realizar un exame, cuxo peso na nota será do 20%. É necesario ter unha nota mínima de 4 en cada unha das avaliacións para poder facer media e obter polo menos un 5 e así superar a materia. AVALIACIÓN GLOBAL (AG) O alumnado que opte por esta modalidade de avaliación terá que realizar un exame cuxa parte teórica terá un peso do 20%, a parte práctica de deseño e elaboración de cuestionario do 40% e a parte práctica de mostreo do 40%. AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE O alumnado que non supere a avaliación continua ou global na primeira oportunidade, será avaliado polo mesmo procedemento que a avaliación global na primeira oportunidade. AVISOS DE AVALIACIÓN Os estudantes matriculados manifestarán formalmente (por correo electrónico ou a través de Moovi) a súa intención de optar polo sistema de avaliación continua. O período para o cambio ao sistema de avaliación global será do 21 de xaneiro ó 21 de febreiro de 2024 (ámbolos dous días incluidos). |