ALUMNADO AVALIACIÓN CONTINUA- Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas enténdese que se acollen ao procedemento de avaliación continua recollido anteriormente. O alumnado poderá mudar de avaliación continua a global mandando un email entre o 11 de setembro e o 11 de outubro de 2024.
- A avaliación anterior é válida para alumnos que realicen avaliación continua. O alumnado deberá aprobar cada unha das probas de avaliación enumeradas anteriormente para superar a materia con un mínimo dun 5.
- Se algún estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselle a calificación de 0 nela.
- O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://fcetou.uvigo.es/es/.
====ALUMNADO QUE PARTICIPE NO ApS====
Na avaliación continua a nota final será o resultado de:
a) Realización dun Cartafol/dossier de aprendizaxe e observación sistemática por parte da docente. Para a avaliación poderá esixirse unha defensa oral. Esta nota pondera un 20% equivalente ás presentacións a relializar do traballo final.
b) Realización dun traballo. Dito traballo irase entregando por partes e devolverase correxido para que o alumnado leve a cabo as correspondentes correcións. Terá unha valoración máxima do 40% da nota final.
c) Presentacións do traballo a desenvolver. Terá unha valoración máxima do 40% da nota final.
ALUMNADO DE AVALIACIÓN GLOBAL
- Considérsa que o estudantado que non realice a primeira presentación de exposición oral ou pida o cambio mediante email antes do 11 de outubro de 2024, optará pola avaliación global.
- Para o caso de alumnado que non opte pola avaliación continua, o procedemento será un conxunto de probas que representará o 100% da calificación da materia. Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10.
Proba 1: Resolución de problemas
Descripción: Proba obxectiva que incluirá avaliación de conceptos prácticos.
Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios
% Cualificación: 40%
% Mínimo: Deberá obter un mínimo de 5 sobre 10.
Proba 2: Resolución de problemas e/ ou exercicios
Descripción: Proba obxectiva que incluirá avaliación de conceptos teóricos aplicados.
Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios
% Cualificación: 20%
% Mínimo: Deberá obter un mínimo de 5 sobre 10.
Proba 3: Presentacións
Descripción: Exposicións orais onde se valorarán principalmente as habilidades comunicativas
Metodoloxía aplicada: Realización presentacións orais.
% Cualificación: 40%
% Mínimo: Deberá obter un mínimo de 5 sobre 10.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA
- Empregaranse os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente.
PROCESO DE CUALIFICACIÓN EN ACTAS
- Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria, en caso de non superar algunha parate da avaliación, pero a puntuación global fora superior a 4 sobre 10, a calificación en actas será de 4.
DATAS AVALIACIÓN
- As datas oficiais de exame das diferentes convocatoria, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro, atópanse publicadas na páxina web da FCETOU http://fcetou.uvigo.es/es/
EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓVILES
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móviles en exercicios e prácticas non habilitados para iso, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario.
CONSULTA E/OU SOLICITUDE DE TITORÍAS
As titorías consultaranse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de http://fcetou.uvigo.es/es/docencia/profesorado/