- Avaliación continua a distancia:
Esíxese a participación e seguemento efectivo a distancia da materia de forma continuada por parte da/o estudante. Neste escenario, a materia será impartida esencialmente mediante as canles establecidas pola Universidade: Campus Remoto e Moovi. Se fose preciso realizar unha avaliación continua a distancia, levaríase a cabo mediante estes mesmos medios. Mantéñense todas as condicións e proporcións fixadas na avaliación continua presencial,agás no tocante á presencialidade.
A participación continuada deberá concretarse no seguemento efectivo a distancia e a realización das tarefas encomendadas.
- Avaliación única a distancia:
En caso de que sexa necesario realizar unha avaliación a distancia, esta levarase a cabo mediante as canles establecidas pola Universidade: Campus Remoto e Moovi. Mantéñense as condicións e proporcións fixadas na avaliación única presencial.
|