1. Dado que esta materia está integrada no segundo cuadrimestre, recoméndase aos alumnos que durante o primeiro cuadrimestre procuren manterse en contacto coa lingua a través da web, películas e series en versión orixinal etc. Igualmente se o alumno considera que o seu nivel gramatical de inglés non está axeitado a un programa de formación específico, recoméndaselle repasar as principais estruturas gramaticais.
2. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. |