O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá
elixir AG no prazo do 11 de setembro a 11 de outubro, mediante comunicación á docente da materia, e a través do método de comunicación que a docente estabeleza a comezo do curso. A escolla
de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades
de AC que resten e á cualificación obtida até ese momento en calquera das
probas que xa tiveran lugar. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA (AC) PROBA 1: Resolución de problemas. Descrición: Ao longo do curso proporase a análise de datos e de diversos casos prácticos relacionados co
temario. Se un/ha alumno/a non realiza algunha actividade das propostas, asignaráselle unha nota de 0 nesa actividade. % de cualificación: 40% --------------------------------------------------
-------------------------- PROBA 2: Traballo tutelado. Descrición: O alumnado
elaborará un traballo sobre unha empresa innovadora, supervisado pola
profesora. % de cualificación: 30% % mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos (sobre 10). --------------------------------------------------
-------------------------- PROBA 3: Exame de opción múltiple. Descrición: Realizarase un
exame tipo test, co fin de avaliar a adquisición e comprensión dos conceptos e
procesos esenciais de Dirección e Xestión da Innovación. % de cualificación: 30% % mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos (sobre 10). --------------------------------------------------
-------------------------- Aclaracións sobre a avaliación
continua: No caso de que algún alumno/a non supere o exame tipo test e/ou o
traballo tutelado da 1ª edición da acta (é dicir, obteña unha nota
inferior a 5): - Poderá recuperar o exame e/ou o traballo suspensos na data
oficial establecida para a 2ª edición de actas. - O alumnado que se atope nesa situación tería unha cualificación de suspenso na primeira oportunidade (1ª edición da acta). A nota numérica que lle aparecería en actas na primeira oportunidade sería a correspondente á media ponderada das diferentes probas de avaliación, e en caso de que a media dese aprobado, apareceríalle unha cualificación de 4,9.
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL (AG) PRIMEIRA PARTE DA PROBA: Exame tipo test. Descrición: Proba obxectiva
que valorará a adquisición e comprensión dos conceptos e procesos esenciais da
materia. % cualificación: 30% % mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o/a estudante deberá obter unha nota igual ou superior
a 7 puntos (sobre 10).
--------------------------------------------------
-------------------------- SEGUNDA PARTE DA PROBA: Exame de cuestións teórico-prácticas. Descrición: Proba que incluirá
avaliación de conceptos teóricos e resolución de exercicios. % cualificación: 70% --------------------------------------------------
-------------------------- Aclaracións sobre a
avaliación global: O
estudantado que siga o sistema de avaliación global deberá obter polo menos un
7 sobre 10 no exame de preguntas test (primeira parte da proba). A nota
numérica que figuraría na acta para o alumnado que non acade esta nota mínima,
sería a nota obtida nesa proba, cando fose inferior a 4,9. Se esa nota fose
igual ou superior a 4,9, aparecería unha nota de 4,9. CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA CONVOCATORIA DE SEGUNDA OPORTUNIDADE E FIN DE GRAOUtilizarase os sistemas de avaliación continua e global descritos anteriormente. OBSERVACIÓNS GLOBAISOs estudantes que non participen na
AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en
conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos) do Regulamento sobre a
avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565) As datas e horas das probas de AG
(de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Facultade para o curso en vigor.
En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as
publicadas na web da facultade, http://fcetou.uvigo.es CONSULTA/ SOLICITUDE DE TITORÍAS As titorías pódense consultar a
través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de
https://fcetou.uvigo.es |