Os alumnos podrán optar entre avaliación continua a través de exames parciais, ou de manera alternativa, avaliación global de toda a materia nos exames finais nas convocatorias oficiais (100% nota final). Avaliación continua, composta polo conxunto das probas seguintes: 1. Probas descritas obxecto de cualificación que configuran o 100% da nota. Consisten en tres probas parciais que avalían os contidos teórico-prácticos da materia. A primeira proba representa o 30% da nota, e as outras duas probas representan o 35% cada unha. 2. Os alumnos que desexen cambiar para a avaliación non continua o plazo e do 11 de setembro a 11 de outubro Avaliación non continua: Para alumnos que suspenderos a avaliación continua e aqueles que non seguiron a avaliación continua. Serán avaliados cun exame de carácter global sobre os coñecementos de todos os contidos da materia, destrezas na práctica e adaptación a novas situacións. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas non calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual.
No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade. Prohíbese nas clases calquera uso de dispositivo móvil para a realización de vídeos ou fotos na clase, baixo penalización de non permitir a realización da avaliación continua.
As diferenzas entre os sistemas de avaliación entre os distintos centros que imparten o Grao en Administación en Dirección de Empresas na Universidade de Vigo son xustificadas pola necesidade de adaptar a medición da consecución dos
mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición das mesmas competencias ás diferentes organizacións docentes de cada Centro, especialmente en relación ao tipo de grupos e número medio de alumnos por grupo. As probas de avaliación se prevén para unha modalidade presencial. Nembargantes,
chegado o momento da súa realización ante a imposibilidade de dispor dos espazos
e/ou profesorado necesario para realizar as mesmas, estas poderíanse realizar
de forma non presencial, ben a través dos distintos recursos telemáticos dispoñibles
na Uvigo (plataforma Moovi), correo electrónico ou no seu caso, mediante probas
de forma oral.
|