O
alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua
(AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG, mediante un escrito dirixido ó coordinador, segundo o
procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar. AC.
En caso de non renunciar á avaliación continua: O conxunto de criterios da avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 4 (sobre 10) en cada proba para poder compensala e superar a materia. Podrá valorarse adicionalmente calquera contribución realizada polos alumnos nas sesións presenciais. AG
en primeira oportunidade O alumno que non siga o procedemento de avaliación continua deberá realizar un exame final, con parte teórica e parte práctica, que supondrá o 100% da nota. A parte teórica consistirá nun exame de preguntas obxectivas (tipo test e de desenvolvemento) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mínimo de 4 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, se evaluarán todas as competencias da materia. Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, teñen dúas opcións: - Realizar un exame con parte teórica e parte práctica, que supondrá o 100% da nota. A parte teórica consistirá nun exame de preguntas obxectivas (tipo test e de desenvolvemento) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mánimo de 4 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, se evaluarán todas as competencias da materia. - Conservar a nota obtida no apartado de presentación (20%) e de Estudo de casos (40%), sempre que sexan superiores a 4 (sobre 10), e realizar únicamente o Exame de preguntas obxectivas (40%). É necesario alcanzar un mínimo de 4 (sobre 10) nestas probas para poder compensalas e superar a materia. Si en calquera das dúas oportunidades non se aproba a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba ou parte, e a puntuación total é igual ou superior a 4.5 (sobre 10), a calificación en actas será 4.5 (sobre 10). A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de evaluación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. En caso de disparidade ou conflito entre as datas dos exámenes prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade. As diferenzas no método de evaluación que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense
obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe
propostos e competencias á diferente organización de clases
docentes empregada por ambos os centros. IMPORTANTE: É obligación dos
alumnos coñecer e seguir as instrucións relativas ás distintas
probas de evaluación, tanto as contidas na Guía docente ou en calquera outro
documento de organización da materia que o profesor poña ao seu disposición,
como as que se lle fagan chegar puntualmente a través das canles habituais
(correo electrónico e/ou Moovi). |