Resolución de problemas |
Probas de resposta curta tipo test explicando a resposta de desenvolvemento.
Resolución dunha proba escrita presencial, ao final do
cuadrimestre, sobre a adquisición
de competencias da materia. |
40 |
|
B2
|
C6
|
D4 D5
|
O sistema de avaliación nas convocatorias ORDINARIA e EXTRAORDINARIA consta de dúas alternativas:
1. AVALIACIÓN CONTINUA: Son probas de avaliación continua que requiren a presenza do alumno na aula. Todos os estudantes serán considerados en AVALIACIÓN CONTINUA salvo que soliciten a AVALIACIÓN GLOBAL entre o 29 de xaneiro e 29 de febreiro.
2.AVALIACIÓN GLOBAL: resolución dunha proba presencial escrita, ao final do cuadrimestre, sobre o coñecemento de todos os contidos da materia, habilidades prácticas e adaptación a novas situacións.
No caso de non presentarse AVALIACIÓN GLOBAL, a nota que aparecerá na acta será a suma das probas de avaliación continua realizadas.
O conxunto de actividades formativas non presenciais só se avalían nas convocatorias correspondentes ao curso académico no que se desenvolven.
As datas e horarios das probas de AVALIACIÓN das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2022-2023 e presente na páxina web. |