Convocatoria ordinaria
Nesta asignatura realizarase unha Avaliación Continua (AC) do traballo realizado polo estudante, que será o sistema de avaliación preferente.
Para superala asignatura por Avaliación Continua (AC) deben cumplirse dúas condicións:
1. Acadar alomenos un 25% da nota en cada un dos tres apartados puntuables (proba IRPF, proba IS, tests).
2. Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuables (probas IRPF e IS, tests).
A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (IRPF e IS) suporá que o estudante deixa de ser avaliado en Avaliación Continua. Tamén se sairá da Avaliación Continua se non se acada alomenos un 25% da nota máxima en cada un dos tres itéms avaliables (proba IRPF, proba IS, tests).
A nota final por AC será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Aqueles estudantes que se queden fora da AC terán a opción de presentarse á proba de Avaliacion Global na convocatoria oficial. Esta proba de Avaliación Global consistirá na realización de dous estudos de caso completos, un de IRPF e outro de IS. A proba Avaliación Global suporá o 100% da cualificación e non terá en conta os puntos obtidos en AC.
O estudantado pode renunciar á AC e pasarse á Avaliación Global comunicando por escrito ó coordinador da materia no seguinte prazo: do 11 de setembro ó 11 de outubro (ámbolos dous días incluídos).
Convocatoria de segunda oportunidade
A convocatoria de segunda oportunidade consistirá nun examen final. Este examen valerá o 100% da nota.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual