Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do contido e obxectivos da materia. Metodoloxía de traballo e sistemas de control e
avaliación.
Lección maxistral Para cada tema o docente presentará na aula as cuestións mais relevantes e formulará a
metodoloxía a seguir para interpretar as consecuencias e efectos prácticos da norma tributaria.
Posteriormente o alumno deberá revisar de forma autónoma os contidos expostos.
Estudo de casos Realizaránse dous estudos de caso presenciais individuais que servirán como
probas de avaliación (unha de IRPF e outra de IS).
Prácticas con apoio das TIC As sesións prácticas en aula informática faránse de xeito individualizado e consistirán na resolución
dun caso práctico empregando as aplicacións informáticas da Axencia Tributaria.
Para o seu desenvolvemento os alumnos disporán previamente do enunciado do caso na
Plataforma Moovi.
Resolución de problemas de forma autónoma Cada semana, despois da sesión maxistral, abriráse un formulario práctico dixital (de resposta
curta ou test) na Plataforma Virtual, relativo aos contidos desenvoltos na sesión maxistral e na
práctica.
Trátase de actividades que posibilitan o seguimento e avaliación do alumnado, que
deberá responder nos prazos sinalados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000