Aprendizaxe colaborativa entre docente e alumnado. Resolución de dúbidas e consultas do alumnado relacionados cos exercicios prácticos expostos, ben de maneira individual ou en grupos reducidos. Ademais, o alumnado dispón dun horario de titorías para resolución de dúbidas de forma personalizada e individualizada.
Prácticas con apoio das TIC
Supervisión do traballo realizado na aula informática co fin de resolver dúbidas e consultas do alumnado sobre os casos prácticos que se expoñen e que o alumnado debe resolver preferentemente de forma individual.