=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
Ante a incertidume sobre a evolución da pandemia COVID 19, consideramos os seguintes escenarios:
MODALIDADE MIXTA
As clases serán impartidas de forma presencial e de forma online, a través do Campus Remoto e da plataforma Moovi, seguindo as directrices establecidas pola UVigo.
A metodoloxía e os criterios de avaliación serán os recollidos nesta guía.
MODALIDADE NON PRESENCIAL
No caso de que non poida haber docencia presencial, esta realizarase online, tanto as clases teóricas como prácticas, a través do Campus Remoto e da plataforma Moovi, seguindo as directrices establecidas pola UVigo.
No relativo ás probas de avaliación, no caso de confinamiento, tanto os exámenes dos contidos de cada seminario e a parte do temario desenvolvida nos grupos grandes, poderase realizar online a través da plataforma Moovi, ou a través do Campus Remoto, na data e no horario establecido no calendario de exámenes do centro.
TITORIZACIÓN
Para todas as modalidades, as sesiones de titorización realizaranse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia,..), baixo a modalidade de concertación previa.
|