Nas prácticas de laboratorio o estudante realizará exercicios nos que deberá aprender a manexar información e aplicar técnicas para o estudo da economía mundial e de España.
Con ditos exercicios o estudantado aprenderá a organizar a información, a sintetizar e interpretar datos e indicadores relevantes.
Non teñen carácter obrigatorio.
Lección maxistral
As sesións maxistrais forman parte das Actividades Básicas da Materia. En cada unha das sesións, o profesorado desenvolverá os contidos do Programa.
Estudo de casos
Tanto nas actividades prácticas como nas sesións de teoría poderán analizarse casos que ilustren conceptos, teorías e técnicas relacionadas coa análise da situación e evolución económica. Non teñen carácter obrigatorio.