AVALIACIÓN
Haberá dúas opcións de avaliación: Avaliación Continua ou
Avaliación Global.
O alumno poderá cambiar de avaliación continua a global nos
prazos establecidos polo centro. Os prazos para este curso no primeiro
cuadrimestre son:
Do 11 de setiembre ao 11 de outubro
A.- AVALIACIÓN CONTINUA.
Dentro da avaliación continua haberá 2 tipos de avaliación:
A primeira baseada no traballo autónomo do alumno e os
traballos de aula, que denominamos Seminarios e representa o 10 % da
cualificación.
A segunda integrada por 3 probas obxectivas. Cada unha delas
representa o 30% da cualificación. Será necesario obter unha cualificación de 5
ou superior para superar cada unha das partes e unha cualificación de 4 puntos
para facer media.
A1) Seminarios (10%) Tanto a preparación dos
seminarios (tarefas de preparación) como a asistencia (grupos mediano), e a
superación das actividades expostas nos mesmos (traballos de aula e /o
cuestionarios), é condición necesaria, aínda que non suficiente, para seguir o
sistema de avaliación continua, e representa o 10% da cualificación final. En resumen, valorarase a asistencia, participación, cumprimento,
aptitude, aspectos formais (redacción, sintaxe, ortografía, e expresión oral). A2) Probas obxetivas: Realizaranse 3 probas obxetivas (30% cada unha) sobre os
contidos de cada seminario e a parte do temario desenvolta nos grupos grandes. E dicir: 1.- Primeira Proba: Sobre os contidos do Seminario I
2. Segunda proba: Sobre os contidos do Seminario II
3.-Terceira proba: Sobre os contidos desenvolvidos en grupos grandes (Temas 1,2, y
3)
As tres probas obxectivas estarán constituídas por preguntas
test e/o de desenvolvemento breve sobre o temario e as actividades realizadas
nos traballos de aula. As respostas ás preguntas de desenvolvemento terán que estar
estruturadas e razoadas correctamente. Valorarase a redacción clara e
comprensible.
É obrigatorio aprobar cada etapa, é dicir obter unha
cualificación de 5 ou superior en cada exame, e unha cualificación de 4 puntos
para facer media.
Ao longo do curso poderanse establecer novos procedementos
para decidir a continuación no sistema de avaliación continua. Exame final: Os alumnos que non superasen algunha das probas
anteriores, poderán recuperala no exame final. Requírese un 5 para superar cada
unha das partes. No
caso de que o alumno/a non obteña un cinco en cada parte a recuperar, a nota
final será suspenso. Esta proba realizarase na data e hora determinada polo
calendario académico para a avaliación global da materia, B.- AVALIACIÓN GLOBAL
Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o
estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que supoñerá ou 100% da
cualificación, no caso de telo explcitado nos plazos establecidos po lo centro. As datas e os horarios de próbalas avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario da páxina web da Facultade |