AVALIACIÓN
Haberá dúas opcións de avaliación: Avaliación Continua ou
Avaliación Global.
O alumno poderá cambiar de avaliación continua a global nos
prazos establecidos polo centro. Os prazos para este curso no primeiro
cuadrimestre son:
Do 11 de setiembre ao 11 de outubro
A.- AVALIACIÓN CONTINUA.
Dentro da avaliación continua haberá 2 tipos de avaliación:
A primeira baseada no traballo autónomo do alumno e os
traballos de aula, que denominamos resolución de problemas e/ou exercicios, e observación sistemática. Representa respectivamente o 10 % da
cualificación.
A segunda integrada por 3 probas . Cada unha delas
representa o 30% da cualificación. Será necesario obter unha cualificación de 5
ou superior para superar cada unha das partes e unha cualificación de 4 puntos
para facer media. Tanto a preparación das actividades desenvolvidas en grupos medianos, a asistencia a os mesmos, e a
superación das actividades expostas nos mesmos (resolución de problemas e/ou exercicios), é condición necesaria, aínda que non suficiente, para seguir o
sistema de avaliación continua, e representa o 10% da cualificación final. En resumen, valorarase a asistencia, participación, cumprimento,
aptitude, aspectos formais (redacción, sintaxe, ortografía, e expresión oral). A2) Probas: Realizaranse 3 probas (30% cada unha) sobre os
contidos de cada seminario e a parte do temario desenvolvida nos grupos grandes. E dicir: 1.- Primeira Proba: Sobre os contidos do Seminario I
2. Segunda proba: Sobre os contidos do Seminario II
3.-Terceira proba: Sobre os contidos desenvolvidos en grupos grandes (Temas 1,2, y
3)
As tres probas estarán constituídas por preguntas
test e/o de desenvolvemento breve sobre o temario, e poden incluir tamén o contido ou actividades desevovidas nos grupos medianos (resolución de problemas e/ou exercicios). As respostas ás preguntas de desenvolvemento terán que estar
estruturadas e razoadas correctamente. Valorarase a redacción clara e
comprensible.
É obrigatorio aprobar cada etapa, é dicir obter unha
cualificación de 5 ou superior en cada exame, e unha cualificación de 4 puntos
para facer media.
Ao longo do curso poderanse establecer novos procedementos
para decidir a continuación no sistema de avaliación continua. Exame final: Os alumnos que non superasen algunha das probas
anteriores, poderán recuperala no exame final. Requírese un 5 para superar cada
unha das partes. No
caso de que o alumno/a non obteña un cinco en cada parte a recuperar, a nota
final será suspenso. Esta proba realizarase na data e hora determinada polo
calendario académico para a avaliación global da materia, B.- AVALIACIÓN GLOBAL
Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o
estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que supoñerá o 100% da
cualificación, no caso de telo explcitado nos plazos establecidos po lo centro. A proba poderá estar constituída ou ben por preguntas test e cuestios de desenvolvemento breve, ou solo por preguntas test. As datas e os horarios de próbalas avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario da páxina web da Facultade
SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) Esta proba poderá estar constituída ou ben por preguntas test e cuestios de desenvolvemento breve, ou solo por preguntas test, e significará o 100% da cualificación. As datas e os horarios das próbas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario da páxina web da Facultade |