Guia docente 2024_25
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Práctica Civil II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Estudo de casos en clase e debate de conclusións. Exposición e debate de actividades propostas. Valorarase a asistencia e participación activa e regular do estudante nas actividades desenvolvidas no seminario.
Resultados de aprendizaxe: Adquisición por parte do alumno do maior número posible de habilidades, aptitudes e regras esenciais no ""ususfori"", traballando con experiencias de casos reais, manexándoos desde o principio, é dicir, desde que o justiciable acode por primeira vez a un despacho profesional e seguindo todo o iter procesual ata a definitiva finalización do asunto.
20
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse preguntas tipo test para analizar o grao de comprensión do contido da materia.
Resultados de aprendizaxe: Adquisición por parte do alumno do maior número posible de habilidades, aptitudes e regras esenciais no ""ususfori"", traballando con experiencias de casos reais, manexándoos desde o principio, é dicir, desde que o justiciable acode por primeira vez a un despacho profesional e seguindo todo o iter procesual ata a definitiva finalización do asunto.
30
Práctica de laboratorio Realizarase unha proba práctica sobre a base das actividades realizadas ao longo do curso, na que os estudantes deberán demostrar que adquiriron as competencias da materia.
Resultados de aprendizaxe: Adquisición por parte do alumno do maior número posible de habilidades, aptitudes e regras esenciais no ""ususfori"", traballando con experiencias de casos reais, manexándoos desde o principio, é dicir, desde que o justiciable acode por primeira vez a un despacho profesional e seguindo todo o iter procesual ata a definitiva finalización do asunto.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeiraoportunidade (maio/xuño):

O estudante debe elixir entre un sistema deavaliación continua ou a realización dun exame final.

a) Avaliación continua:

Para poder optar polo sistema de avaliacióncontinua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. Osistema de avaliación continua consistirá en:

1.- A asistencia e participación activa nasclases presenciais, que representa o 20% da cualificación final.

2.- Realización dun exame, que representa o80% da cualificación final, pero ten que ser superado cun 4 sobre 8, para quese some o 20% da avaliación continua.

O devandito exame constará de dous partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30%da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudodun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.

A data e a hora do exame da primeiraoportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobadopola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico.

b) Exame final:

O estudante que non se someta ao sistema deavaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame. Esteexame representa o 100% da cualificación da materia. O exame constará de tres partes:
1) Un exame tipo test, que representa o 30%da cualificación final.
2) Un caso práctico consistente no estudodun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.
3) Exposición e defensa pública do casopráctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nasmesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliacióncontinua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.
A data e a hora do exame da primeiraoportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobadopola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico.

2. Segundaoportunidade (xullo):

1. O estudante que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo. Nestes casos, o exame, representa o 80% da cualificación final, pero ten queser superado cun 4 sobre 8, para que se some o 20% da avaliación continua.
O devandito exame constará de dous partes:

 
  1. Un exame tipo test, que representa o 30%da cualificación final.
  2. Un caso práctico consistente no estudodun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.

2. O estudante que non se someteu ao sistema deavaliación continua ou que quedou excluído do mesmo realizará un exame. Este examerepresenta o 100% da cualificación da materia. O exame constará de tres partes:
 
  1. Un exame tipo test, que representa o 30%da cualificación final.
  2. Un caso práctico consistente no estudodun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.
  3. Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.
A data e a hora do exame da segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico.

OUTRAS INDICACIÓNS:

As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo, con acceso limitado ao profesorado da materia e ao alumnado matriculado. De resultar preciso, por motivos excepcionais, modificar ou concretar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións publicaranse no mesmo soporte telemático. 

No caso de que sexa necesario realizar a un ou varios estudantes calquera das probas en data distinta das previstas no cronograma ou no calendario oficial, poderá substituírse por un exame oral sobre o contido obxecto de avaliación. 

En todos os casos, as probas realizadas permitirán avaliar os resultados de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000