Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B3 |
Ser capaz de utilizar os principios e valores constitucionais como ferramenta de traballo da interpretación do dereito e desenvolver dialéctica xurídica |
B4 |
Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar |
C71 |
CEI 24 - Coñecer as particularidades do dereito penal e procesual de menores |
C72 |
CEI 25 - Ser capaz de identificar os problemas xurídicos penais e procesuais e abordar a súa solución mediante a interpretación e aplicación crítica da LO de Responsabilidade Penal do Menor e o seu regulamento de desenvolvemento. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión. |
D3 |
Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal. |
D5 |
Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico. |