Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B1 |
Apreciar a diversidade e a multiculturalidade |
B2 |
Adquirir a habilidade para traballar nun contexto internacional |
C4 |
Desenvolverse no exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de acadar una sociedade mais xusta e igualitaria. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
D4 |
Comprender os fundamentos teóricos xerais da economía e da estrutura económica internacional |
D5 |
Comprender e analizar os procesos globalizadores, as dinámicas de deslocalización e estratexias alternativas |
D10 |
Adquirir coñecemento das técnicas, métodos de traballo e análise das ciencias humanas, sociais e xurídicas |
D11 |
Analizar a realidade política, social e económica no marco da cooperación internacional ao desenvolvemento |