A avaliación pode
ser continua (AC) ou global (AG). Unha vez transcurrido un mes, dende o inicio do cuadrimestre no que se imparte a asignatura, habilitarase un prazo de dez días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ó sistema de evaluación continua. O non escoller a AC supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC
que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que
xa tiveron lugar. A evaluación
continua consta de tres probas, consistentes en dous exames escritos de
carácter teórico - práctico. Cada un dos exames pondera un 40% e é necesario
sacar unha calificación de 5 en cada un deles para aprobar e facer media cas
demais probas. Outra proba será a realización de casos prácticos plantexados
polo profesor. Esta proba pondera un 20%. Esta porcentaxe distribuese
entre os casos que vanse a plantexar. Se un estudante
suspende un ou os dous exames parciais plantexados (os que representan o 80% da
nota), poderase presentar a convocatoria oficial de xuño ca proba ou probas
suspensa/s. Aqueles
estudantes que optaron pola evaluación continua, e teñen os exames paciais
aprobados, en xuño serán evaluados cas notas obtidas nos exámenes e nas
demáis probas. Se o alumno non aprobou algún exame parcial e se presenta en xuño a recuperalo/s ten que sacar un 5 para facer
media; en caso de non obtelo porase a nota obtida neste exame. Os alumnos que
opten pola avaliación global serán avaliados cun exámen teórico práctico e
calificados ca nota que saquen no correspondente exame. Os alumnos que
non superen a materia na primeira oportunidade podrán ser avaliados de novo na
segunda oportunidade a través dunha proba teórico-práctica que suporá o 100% da
nota. Os alumnos que concurran á convocatoría extraordinaria ou fin de carreira serán avaliados a través dunha proba teórico-práctica que suporá o 100% da nota. As datas e
horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro para o curso académico. Os horarios de titorías estarán dispoñibles na plataforma MOOVI, así como o procedemento de solicitude das mesmas. No caso de
conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na
páxina web da facultade. |