O Dereito Constitucional I (un dos dous bloques nos que se estrutura a docencia de Dereito Constitucional) céntrase basicamente no estudo dos seguintes puntos: teoría da Constitución; constitucionalismo histórico español; principios ordenadores do sistema constitucional; fontes do Dereito; descentralización territorial do poder e estrutura, composición e funcionamento dos órganos constitucionais (Coroa, Cortes Xerais, poder executivo e poder xudicial).