Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
A través desta materia preténdese aproximar ao alumno aos modelos curriculares baseados en competencias, reflexionando sobre os cambios que se foron producindo nos sistemas educativos en torno ao enfoque de competencias. Desde este marco, analizarase a importancia da incorporación das competencias ao deseño curricular e a necesidade de adoptar diferentes estratexias para abordar o diagnóstico e a avaliación da competencia curricular nos centros educativos.