O
alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua
(AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o
procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar. AC.
En caso de non renunciar á avaliación continua: Na
avaliación continua a nota final será o resultado de: Realización
de varios exercicios/casos prácticos individuais e/ou en grupo durante a
asistencia ás sesións prácticas, así como entrega e exposición dun traballo
tutelado en cada parte da materia. A ponderación na cualificación final é dun 40%
correspondente ás actividades e traballo de cada parte, sendo o 20% restante asignado
á exposición. Para poder acollerse a esta modalidade é preciso
ter unha asistencia ás sesións de clase de alomenos o 80%. É
necesario acadar un mínimo dun 4.5 (sobre 10 puntos) no traballo dunha parte, para
poder compensa-la nota coa de avaliación continua e superar a materia. AG
en primeira oportunidade Seguirán
este proceso os estudantes que non sigan a avaliación continua. Unha vez
superado o período dun mes dende o comezo do cuadrimestre o centro habilitará o
procedemento e informará aos estudantes do prazo para que os matriculados
manifesten formalmente a súa intención de acollerse á modalidade de avaliación
global. Neste caso, o exame consistirá nunha proba na que se contestarán
preguntas de diversa índole tendo un peso de 100% da cualificación. Convocatoria
extraordinaria e fin de carreira: Emplearanse
os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente, podendo
recuperar as competencias non adquiridas na convocatoria ordinaria para o cal mantense
a nota das probas/actividades xa superadas. As
cualificacións de todas as probas, parciais ou finais, prácticas e actividades
só terán efectos no curso académico no que se propoñan. Consulta
e/ou solicitude de titorías: As
docentes teñen oferta de titorías presenciais ou virtuais en horario
concertado. Para concertar unha cita pódese facelo dende a Secretaría Virtual
en liña. Outros: A plataforma de aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles
comportamentos anómalos e deshonestos, así como para detectar posibles plaxios
en traballos escritos. No caso de detección de plaxio nalgunha
proba/traballo/test/exame/actividade a cualificación final da materia será
Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato do Centro para que adopte as
medidas oportunas en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante
Universitario que establece o deber de "Absterse da utilización ou
cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos
traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade". |