Educational guide 2024_25
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de Galicia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación por parte do docente dos contidos teóricos do temario ou dunha parte do mesmo, salientando para o resto as liñas básicas que permitirán o desenvolvemento das actividades dirixidas relacionadas cos mesmos.
Traballo tutelado Elaboración de traballos polo alumnado a partir de fontes bibliográficas, de xeito individual ou ben en grupo, que deberán ser expostos e debatidos na aula
Resolución de problemas Elaboración de traballos relacionados cos contidos do temario ou cunha parte dos mesmos, entre os que se incluien a realización de distintos tipos de exercicios prácticos e resolución de problemas. Tamén algunhas sesións de traballo con fontes documentais da época moderna (no arquivo histórico provincial), motores de búsqueda e calesquer outros recursos (dixitais), dentro e fora da aula.
Obradoiro Actividades encamiñadas ao traballo intensivo do alumnado co obxetivo de afondar nos contidos dun tema, aspecto ou asunto concreto do programa, debido a sua especial dificultade, intererese ou oportunidade. Implicará a lectura ou manexo de bibliografía específica. Dentro das mesmas inclúense dous seminarios programados.
Eventos científicos Horas reservadas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía ou ben pola Facultade de Historia.
Seminario Sesións encamiñadas a orientar e asesorar o alumnado sobre o estudo dos contidos, a realización de traballos e actividades dirixidas e a preparación das probas de avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000