Lección maxistral |
O material docente empregado na aula será subido con antelación á plataforma de teledocencia (Moovi), así como outros documentos con contidos teóricos que faciliten a comprensión do temario impartido.
Exposición por parte do profesorado das claves fundamentais de cada un dos bloques temáticos. |
Traballo tutelado |
Traballos realizados de xeito individual, orientados ao manexo de instrumentos de recompilación de información e de distintas fontes coas que se elabora a historia antiga. A asignación de traballos deberá quedar resolta no primeiro mes do cuadrimestre. |
Obradoiro |
Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
Actividades na aula ou a través da plataforma Moovi ou Aula remota |