Guia docente 2024_25
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía aplicada. Territorio e paisaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Os resultados da aprendizaxe a avaliar son: O coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica. O razoamento crítico e a argumentación adecuada -oral ou escrita- sobre os fenómenos xeográficos analizados, as súas variables e relacións.
40 B3
C5
C6
C9
D1
D2
D4
D5
D7
D16
Observación sistemática Participación activa do alumnado nas sesións e actividades propostas polo docente, tendo en conta a avaliación continua do traballo autónomo na aula, no campo e na plataforma de teledocencia.
Os resultados da aprendizaxe a avaliar serán: O coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica: formulación de hipóteses, selección de información e técnicas. O razoamento crítico e a argumentación adecuada -oral ou escrita- sobre os fenómenos xeográficos analizados, as súas variables e relacións.
10 A3
A4
A5
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de interpretalo, resolvelo, diagnosticalo.
Os resultados da aprendizaxe a avaliar son: Destreza na organización e xestión de traballos e/ou proxectos no contexto ambiental e sociocultural, valorando a innovación en ordenación do territorio; Capacidade de interpretación das paisaxes terrestres desde unha perspectiva xeográfica, identificando a intervención humana e as categorías de risco.
10 B3
B6
C7
C11
D2
D4
D5
D7
D14
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios relacionados coa materia.
Os resultados da aprendizaxe a avaliar son: Destreza na organización e xestión de traballos e/ou proxectos no contexto ambiental e sociocultural, valorando a innovación en ordenación do territorio; Habilidade de realización de exercicios prácticos, con aplicación de técnicas xeográficas cualitativas ou
cuantitativas, sobre procesos e dinámica do territorio.
40 B3
B6
C7
C11
D2
D4
D5
D7
D14
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous sistemas de avaliación: continua (probas e actividades
desenvolvidas ao longo do cuatrimestre) e global (datas oficiais de exame para
cada oportunidade de avaliación establecida no calendario académico), entre osque o alumnado poderá elexir. Para superar a avaliación
contínua o alumnado deberá acadar una calificación mínima do 50% en cada un dos
ítems de avaliación, o alumnado que non cumplimente un mínimo do 80% das
actividades prácticas nos prazos establecidos, pasará ao modelo de avaliación
global. Os contados teóricos avaliaranse mediante a realización de duas probas
(parciais). En caso de non acadar a calificación mínima nalgún dos ítems de
avaliación, a máxima nota posible será a máis alta dentro do suspenso (Artigo
32.2 do Regulamento sobre a Avaliación da Universidade de Vigo, do 2023).

O alumnado deberá cumprir os
requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua.
Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como
imprescindibles. O seguimento realizarase
a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi,
UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula. Docencia
non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que teñan recoñecida á modalidade semipresencial poderán
seguir a materia a través da plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade
de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das
competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus
contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a
disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de
autor/a. Serán cualificados cun cero calquera situación na que se "copien
no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as
actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da
participación de cada estudante a través das TIC farase apartir das ferramentas
propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de
probas ou exercicios en liña, etc.).

Respecto aos eventos científicos (horas reservadas para a asistencia a
actividades de temática transversal organizadas pola Área, o Departamento ou a
Facultade), no caso do alumnado semipresencial, as actividades que requiran
presencialidade serán substituidas por otras que permitan poder acceder ao
mesmo porcentaxe da calificación final.

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de
"avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da
materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo
19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia
e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, do 2023). O
estudantado que opte pola modalidade de avaliación global será avaliado do
programa da materia mediante una proba teórica (40%) e unha proba práctica
(60%); deberase acadar un mínimo do 50% da calificación máxima en cada unha de
estas probas para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000