Actividades introdutorias |
A atención personalizada consistirá na exposición e tratamento da bibliografía principal que se empregará para o estudo de cada un dos dous grandes bloques temáticos (Grecia e Roma), encamiñado especialmente a que cada alumno poida clarificar cal é o material que debe tratrar de cara o traballo de investigación que debe de realizar.
TODO O ALUMNADO: na plataforma virtual de docencia Moodle (Moovi Uvigo), Campus Remoto, mail, e na aula e despacho cando sexa posible. |
|
Obradoiro |
A atención personalizada incidirá na metodoloxía a seguir para os comentarios de texto e a análise das diferentes obras de arte (exemplificación en casos prácticos de arquitectura, escultura e pintura)
TODO O ALUMNADO: na plataforma virtual de docencia Moodle (Moovi Uvigo), Campus Remoto, mail, e na aula e despacho cando sexa posible. |
|