Establécense dous sistemas de avaliación: continua (probas e actividades
desenvolvidas ao longo do cuatrimestre) e global (datas oficiais de exame para
cada oportunidade de avaliación establecida no calendario académico), entre osque o alumnado poderá elexir. Para superar a avaliación contínua o
alumnado deberá acadar una calificación mínima do 50% en cada un dos ítems de
avaliación, o alumnado que non cumplimente un mínimo do 80% das actividades
prácticas nos prazos establecidos, pasará ao modelo de avaliación global. Os
contados teóricos avaliaranse mediante a realización de duas probas (parciais).
En caso de non acadar a calificación mínima nalgún dos ítems de avaliación, a
máxima nota posible será a máis alta dentro do suspenso (Artigo 32.2 do Regulamento
sobre a Avaliación da Universidade de Vigo, do 2023). O alumnado deberá cumprir os
requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua.
Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como
imprescindibles. O seguimento
realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle
(MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula.
Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi). Os estudantes que teñan recoñecida á modalidade semipresencial poderán
seguir a materia a través da plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade
de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das
competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus
contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a
disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de
autor/a. Serán cualificados cun cero calquera situación na que se "copien
no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae). Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as
actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da
participación de cada estudante a través das TIC farase apartir das ferramentas
propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de
probas ou exercicios en liña, etc.). Respecto aos eventos científicos (horas reservadas para a asistencia a
actividades de temática transversal organizadas pola Área, o Departamento ou a
Facultade), no caso do alumnado semipresencial, as actividades que requiran
presencialidade serán substituidas por outras que permitan poder acceder ao mesmo
porcentaxe da calificación final. Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de
"avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da
materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo
19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia
e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, do 2023). O
estudantado que opte pola modalidade de avaliación global será avaliado do
programa da materia mediante una proba teórica (60%) e unha proba práctica
(40%), deberase acadar un mínimo do 50% da calificación máxima en cada unha de
estas probas para superar a materia. |