Contémplanse neste apartado da guía docente
distintas posibilidades de avaliación que se poderán aplicar en cada oportunidade: fin de bimestre/cuadrimestre, segunda oportunidade-xullo e fin de carreira. A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación continua. Quen desexe a Avaliación Global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicarllo á responsable da materia, por mail ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia. CONVOCATORIA
FIN DE BIMESTRE/CUATRIMESTRE E SEGUNDA OPORTUNIDADE-XULLO: A persoa matriculada poderá decidir se quere ser
avaliada de xeito continuo ou global e debe comunicar á persoa coordinadora a
cal se acolle. Nos dous casos, aínda que con distinto peso
con respecto á nota final, é obrigatorio a realización dunha proba final de
tipo test. O detalle das formas de avaliación a escoller é
o seguinte: a) Avaliación continua: puntúase a calidade dos traballos ou probas realizados polo/a estudante relacionados
cos seminarios e coas prácticas mediante a avaliación de diferentes achegas. Tamén
se ten en conta a valoración dun traballo tutelado e a súa exposición. Desta
forma, a nota final (NF) da materia estará conformada por: proba final (PF =30%)
+ prácticas (P=20%) + seminarios (S= 25%) + traballo tutelado (TT=25%). É
condición para este tipo de avaliación alcanzar un 50% da nota do exame final
para que o resto das probas podan ser contabilizadas. Estas puntuacións terán
validez ó longo de cada curso académico e serán sumadas á da proba final, tanto
na convocatoria fin de bimestre como na segunda oportunidade sempre que a
persoa matriculada así o exprese. b) Avaliación global: non se realiza o traballo tutelado e non se teñen en conta as puntuacións
obtidas nas entregas dos seminarios. A nota final (NF) do alumno estará
conformada por: proba final (PF=100%) onde se responderá a preguntas relacionadas coa materia explicada durante as clases teóricas, os seminarios e as prácticas. CONVOCATORIA
FIN DE CARREIRA: A persoa matriculada que opte por examinarse en
fin de carreira será avaliada unicamente co exame (que valerá o 100% da nota) do mesmo xeito que na avaliación global explicada anteriormente. Datas de exames: Fin de carreira: 19/09/24 ás 16:00h 1ª edición-fin de bimestre: 08/11/24 ás
16:00h 2ª edición-xullo: 04/07/25 ás 16:00h En caso de erro na transcrición das datas de
exames ou modificación oficial posterior á elaboración desta guía docente, as datas
válidas serán as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e
na páxina web do Centro. |