A) Convocatorias 1ª e 2ª Oportunidade Plantéxanse dúas modalidades de avaliación: continua e global. A.1. Modalidade de Avaliación Continua. A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global debe comunicalo ao responsable de materia mediante correo electrónico nun plazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia. Prácticas de laboratorio A realización das prácticas de laboratorio dunha maneira satisfactoria é requisito indispensable para superar a materia. Ademais, ao finalizar as prácticas, os alumnos han de elaborar e entregar un informe. O informe será revisado e a nota obtida incorporada na calificación final. Na segunda oportunidade e demais convocatorias, se conservará a nota de prácticas obtida. Para os alumnos que fixeron as prácticas en cursos anteriores, se teráen conta a nota acadada no seu momento. Entregas de aula Ao longo do curso, os alumnos, de forma individual ou en grupo, terán que resolver algúns problemas e contestar a algúns cuestionarios e entregalos ao profesor. Estas entregas serán correxidas e a calificación obtida incluída na nota final. Esta nota das entregas quedará consolidada para a segunda oportunidade. Examen parcial A materia estructurarase en dúas partes: A e B. Ao finalizar a parte A da materia realizarase un exame parcial. Se considerará que o parcial está aprobado cando se obteña como mínimo un 3.5/10 en cada parte (teoría y problemas) e un 5 como resultado de aplicar a ecuación: Nota parcial=nota teoría*0.50+ nota problemas*0.50. Aqueles alumnos que superen o parcial poderán examinarse somentes da parte B nas datas fixadas oficialmente para os exames de 1ª e 2ª oportunidade. Os criterios para superar a parte B serán os mesmos que os da parte A. Cálculo da nota final da materia e restriccións para a modalidade de avaliación continua O cálculo da nota final se levará a cabo aplicando a seguinte ecuación: Nota final=Nota exame teoría parte A*0.20+Nota exame de teoría parte B*0.20+Nota exame problemas parte A*0.20+Nota exame de problemas parte B*0.20+Nota problemas aula*0.05+Nota cuestionarios aula*0.05+Memoria de prácticas*0.10. Superarán a materia aqueles estudiantes que obteñan como mínimo un 5 na nota final. Malia todo, cando o resultado de aplicar esta ecuación iguale ou supere o 5 pero non se acade alomenos un 3.5/10 en ambos exames de teoría e un 3.5/10 en ambos exames de problemas, a nota en actas será de 4.9 (Suspenso). No resto dos casos, a nota en actas será a resultado obtido coa ecuación. A.2. Modalidade de Avaliación Global No caso do alumnado que opte pola avaliación global, o cálculo da nota final se levará a cabo coa seguinte ecuación: Nota final=Nota exame teoría parte A*0.225+Nota exame de teoría parte B*0.225+Nota exames problemas parte A*0.225+Nota exame de problemas parte B*0.225+Exame de Prácticas*0.10. Superarán a materia aqueles estudiantes que obteñan como mínimo un 5 na nota final. Ao igual que para a modalidad de avaliación continua, cando o resultado de aplicar esta ecuación iguale ou supere o 5 pero non se acade alomenos un 3.5/10 en ambos exames de teoría e un 3.5/10 en ambos exames de problemas, a nota en actas será de 4.9 (Suspenso). No resto dos casos, a nota en actas será a resultado obtido coa ecuación. B) Convocatoria Fin de Carreira Na convocatoria de fin de carreira, o modo de avaliación e os criterios son os indicados no apartado A.2. de Avaliación Global. C) Datas de exames Os exames realizaranse de forma presencial. As datas previstas son: Convocatoria Fin de Carreira: 26 de setembro de 2024 ás 10:00 h 1ª Oportunidade: 04 de xuño de 2025 ás 10:00h 2ª Oportunidade: 11 de xullo de 2025 ás 10:00 h En caso de erro nas datas dos exames e/ou nos horarios, o válido será o aprobado oficialmente e o publicado no taboleiro de anuncios e na web do Centro. A data do exame parcial (non oficial) será elixida polos alumnos en votación. |