A modalidade de avaliación contínua é
preferente. Para elo utilizarase a secuencia de actividades que se realicen. No caso de que se queira optar pola modalidade
de avaliación global (100% da calificación no exame final) deberá ser
comunicado a profesora coordinadora a través da plataforma MOOVI ou por email,
como máximo un mes despois do inicio das clases.
Os estudantes que non poidan asistir os
seminarios deberán entregar un documento que xustifique, debidamente, o motivo
polo que non van asistir a esta actividade. Para estes estudantes o sistema de
avaliación será tamen continuo, pero deberán elaborar unha memoria de
actividades, similares ás que se realizan en seminarios e en prácticas, segundo
lle indique a profesora coordinadora da materia.
E requisito imprescindible acadar como mínimo
o 50% da cualificación en cada un dos apartados para poder superar a materia.
Para a segunda edición manteranse as
cualificacións parciais obtidas, podendo ser melloradas a petición do estudante
no caso de que non sexan presenciais.
A convocatoria Fin de Carreira será un único exame final cun valor do
100% da cualificación.
Exames:
Fin de Carreira 18/09/2024 ás 10:00h.
1ª edición 08/11/2024 ás 10:00h.
2ª edición 03/07/2025 ás 10:00h.
En todo caso, se as datas dos exames non
coinciden coas datas publicadas pola Facultade de Ciencias, prevalecerá o
establecido na súa páxina Web e no taboleiro de anuncios.
|