Seminario |
Nos seminarios, farase un seguimento persoal de cada alumno, tratando de resolver as dúbidas que lle xurdirán, no seu proceso de aprendizaxe. Ademais fomentarase o espírito racional, para que cada estudante poida desenvolver adecuadamente as súas facultades cognitivas, segundo o seu nivel de coñecementos. Esta atención personalizada desenvolverase directamente na aula, e tamén de forma individualizada, e vía telemática utilizando o Campus Remoto. |
|
Prácticas de laboratorio |
Nas prácticas de laboratorio tamén se fará seguimento persoal de cada alumno, tratando de resolver as dúbidas que lle xurdirán, no seu proceso de aprendizaxe práctica. Ademais fomentarase o espírito crítico/científico, para que cada estudante desenrole as súas facultades cognitivas, segundo o nivel de coñecementos que posúe. Esta atención personalizada desenvolverase presencialmente (directamente no laboratorio) e tamén de forma individualizada, nas horas de titoría. Tamén por via telemática mediante o Campus Remoto. |
|