Seminario |
Impartiranse de forma presencial ou semipresencial a traves da Aula Virtual. Neles os alumnos terán que buscar, depurar e manexar distintos tipos de datos do ambiente (fenolóxicos, climáticos, edáficos, ambientais, etc) e analizar a súa influencia na produción e/ou a calidade das vendimas.
Traballarán con datos reais para aplicar os ensinos e metoloxías específicas da Viticultura, na análise dos efectos deses factores na producción e a calidade das vendimas en comarcas vitívinícolas galegas no pasado recente.
Os grupos presentarán o resultado dos seus traballos en forma dun informe que servirá de base para a avaliación do traballo realizado nos seminarios. |
Traballo tutelado |
O profesor plantexará ao estudante, de maneira individual, un problema sobre unha temática da materia do que partirá a procura e recollida de información, lectura e manexo de fontes bibliográficas, redacción e exposición.
|