Trátase dunha carreira encadrada na rama de Artes e Humanidades. O seu
obxectivo é a formación, a través da creación artística e a súa
análise, de profesionais capaces de identificar, entender e desenvolver
os problemas e os procesos da arte, favorecendo a reflexión e a
integración da creación artística no contexto sociocultural
contemporáneo. A formación que ofrece está baseada na concepción da
arte como unha forma de coñecemento, integrando a práctica e a teoría
nun saber facer capaz de transmitir experiencias e contidos que inciden
na produción de novos coñecementos.
Estructura
Os estudos de grao constan de catro cursos distribuídos en oito cuadrimestres. O título de graduado da acceso a estudos de posgrao (master,
doutoramento...).
Saídas profesionais
As saídas profesionais abranguen os campos seguintes:
- A creación artística (artista plástico en todas as técnicas e medios creativos).
- Creativo no ámbito audiovisual e das novas tecnoloxías.
- Creativo no ámbito da imaxe.
- Experto cultural, asesoría e dirección artística.
- Profesor (docencia e educación artística).
- Outros profesionais especialistas artísticos.
Obxectivos da titulación
- Dotar o estudantes dos instrumentos necesarios para a integración dos
seus coñecementos en procesos de creación autónomo e/ou de
experimentación interdisciplinar, de maneira que poidan desenvolver a
súa práctica artística en todo tipo de formatos e espazos culturais.
- Preparar ó estudante para unha práctica artística profesional que lle
permita tanto asumir un compromiso coa realidade contemporánea como
recibir o pleno recoñecemento social das súas competencias.
- Capacitar os graduados para poderen continuar cuns estudos de posgrao nacionais ou europeos.
Acceso
As vías de acceso son as xerais establecidas para a Universidade,
podendo cursas satisfactoriamente os estudos os titulados en calquera
rama de bacherelato.
Perfil de ingreso
O perfil de ingreso é o propio dun nivel de bacherelato. As
características persoais e académicas daquelas persoas que se
consideran máis axeitadas para iniciar os estudos de Grao en Belas
Artes son as seguintes:
- Coñecementos básicos sobre a arte e a cultura nas súas diferentes manifestacións e contextos.
- Inquedanza e curiosidade polas manifestacións da arte e a cultura contemporáneas.
- Habilidades básicas e sensibilidade para o manexo de ferramentas e materiais.
- Capacidade para a aceptación da diversidade cultural.
- Sensibilidade para a apreciación da arte e a cultura tanto como manifestacións sociais coma indivisuais.
- Capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao campo de coñecemento.
- Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
- Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.