Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios, prácticas e probas, en cumplimiento del artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudiantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade."
A materia divídese en dúas partes: Teoría (20%) e Práctica (80%). A parte práctica divídese á súa vez en 4 bloques: fontes xurídicas (15%) + procesador de textos avanzado (15%) + folla de cálculo (15%) + ferramentas para o traballo colaborativo (35%).
A nota final obterase, a aplicando a seguinte fórmula para o cálculo da media ponderada: Nota teoría x 20% + nota fontes xurídicas x 15% + nota procesador avanzado x 15% nota folla de cálculo x 15% nota ferramentas colaborativas x 35%. Será necesario, para poder aplicar esta fórmula, obter unha cualificación mínima de 4 en cada unha dos bloques nos que se divide a materia. Para superar a materia o alumno debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5.
No caso de que a cualificación final sexa igual ou superiora 5, pero algunha das partes estea suspensa, a cualificación final será de 4,9.
A continuación, detállase a desagregación de cada unha das partes mencionadas:
1. Teoría: • Exame de preguntas obxectivas: 80%.
• Resolución de exercicios: 20%.
2. Fuentes xurídicas: • Exame de preguntas obxectivas: 60%.
• Resolución de exercicios: 20%.
• Curso biblioteca: 20%.
3. Procesador de textos avanzado: • Exercicio puntuable (resolución de problema): 75% .
• Resolución de exercicios: 25% .
4. Folla de cálculo: • Exercicio puntuable (resolución de problema): 50% .
• Exame de preguntas obxectivas: 30% .
• Resolución de exercicios: 20% .
5. Ferramentas para o traballo colaborativo: • Bloque Blogue ou páxina web: 40% .
• Marcadores Sociais: 15% .
• Ofimática en liña: 45% .
• A avaliación realizarase mediante unha rúbrica.
Avaliación
O alumno poderá elixir o sistema de avaliación que desexa lle sexa aplicado na materia. Para iso debe optar, nos primeiros 15 días do cuadrimestre, entre avaliación continua (probas e actividades desenvolvidas ó longo do cuatrimestre) ou un Exame Final único (100% da nota final).
Para tal fin, habilitarase un contrato que deberá ser asinado por todo aquel alumno que desexe seguir un método de avaliación continua. A firma deste contrato de avaliación é obrigatoria para todo o alumnado. Se algún alumno non asina este contrato enténdese que opta por un exame final único e renuncia á avaliación continua.
O exame final celebrarase na data oficial, e acudirán a el únicamente aqueles alumnos que optasen por este sistema de avaliación.
Na segunda oportunidade (Xullo) realizarase unha proba final que englobará toda a materia vista ao longo do cuadrimestre. A esta proba final, os alumnos que optaron por avaliación continua, só acudirán con aqueles bloques que suspendesen.
Na convocatoria Fin de Carreira realizarase unha proba final que englobará todo o que se ha visto a o longo do cuadrimestre.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta da Facultade para o curso 2023-2024.
|