Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Dereito
 Materias
  Informática: Novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación de certas actividades realizarase empregando rúbricas.

Resultado de aprendizaxe:

- Manexar ferramentas informáticas apropiadas para o desenvolvemento profesional no ámbito xurídico.
- Desenvolver a capacidade para traballar, colaborar e cooperar en contornas dixitais.
50 A1
A2
A3
A4
A5
C22
C23
D1
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse cuestionarios de autoevaluación para validar a adquisición de competencias por parte do alumno. Realizarase un cuestionario ao finalizar cada un dos temas de teoría e para determinadas sesións deresolución de problemas e exercicios.

Resultado de aprendizaxe:

- Coñecer e comprender os principios e conceptos básicos de Informática e a súa relación co Dereito.
- Desenvolver habilidades e destrezas para a procura e tratamento da información xurídica.
- Manexar ferramentas informáticas apropiadas para o desenvolvemento profesional no ámbito xurídico.
50 A1
A2
A3
A4
A5
C22
C23
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CONSIDERACIÓNS XERAIS

Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios, prácticas e probas, en cumplimiento del artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudiantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade."

 
SISTEMA DE AVALIACIÓN

A materia divídese en dúas partes: Teoría (20%) e Práctica (80%).

A parte práctica divídese á súa vez en 4 bloques: fontes xurídicas (15%) + edición de documentos (15%) + análise de datos (15%) + ferramentas para o traballo colaborativo (35%).

A nota final obterase,  a aplicando a seguinte fórmula para o cálculo da media ponderada: 

Nota teoría x 20% + nota fontes xurídicas x 15% + nota edición de documentos x 15% nota análise de datos x 15% nota ferramentas colaborativas x 35%.

Será necesario, para poder aplicar esta fórmula, obter unha cualificación mínima de 4 en cada unha dos bloques nos que se divide a materia. Para superar a asignatura, o estudantado debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5. 

No caso de que a cualificación final sexa igual ou superiora 5, pero algunha das partes estea suspensa, a cualificación final será de 4,9.

DESGLOSE DE AVALIACIÓN POR PARTES


1. Teoría: 
• Exame de preguntas obxectivas: 80%. 

• Resolución de exercicios: 20%. 
2. Fuentes xurídicas: 
• Exame de preguntas obxectivas: 60%. 

• Resolución de exercicios: 20%. 

• Curso biblioteca: 20%. 

3. Edición de documentos: 
• Exercicio puntuable (resolución de problema): 75% .  A avaliación realizarase mediante unha rúbrica.

• Resolución de exercicios: 25% . 
4. Análise de datos: 
• Exercicio puntuable (resolución de problema): 50% .  A avaliación realizarase mediante unha rúbrica.

• Exame de preguntas obxectivas: 30% . 

• Resolución de exercicios: 20% . 

5. Ferramentas para o traballo colaborativo: 
• Bloque Blogue ou páxina web: 28% . A avaliación realizarase mediante unha rúbrica.

• Marcadores Sociais: 15% . A avaliación realizarase mediante unha rúbrica.

• Ofimática en liña: 45% . A avaliación realizarase mediante unha rúbrica.

• Resolución de exercicios: 12% .

ELECCIÓN DO SISTEMA DE AVALIACIÓN

O alumno poderá elixir o sistema de avaliación que desexa lle sexa aplicado na materia. Para iso debe optar, nos primeiros 45 días do cuadrimestre, entre avaliación continua (probas e actividades desenvolvidas ó longo do cuatrimestre) ou un Exame Final único (100% da nota final).


Para tal fin, habilitarase un contrato que deberá ser asinado por todo aquel estudante que desexe seguir un método de avaliación continua. A sinatura deste contrato de avaliación é obrigatoria para todo o estudantado. Se algún estudante non asina este contrato, enténdese que opta por un exame final único e renuncia á avaliación continua. 

O exame final celebrarase na data oficial, e acudirán a el únicamente aqueles alumnos que optasen por este sistema de avaliación.

OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA (XULLO)

Na segunda oportunidad extraordinaria (Julio) realizarase unha proba final que englobará toda a materia vista ao longo do cuadrimestre. A esta proba final, os alumnos que optaron por avaliación continua, só acudirán con aqueles bloques que suspendesen.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA

Na convocatoria Fin de Carreira realizarase unha proba final que englobará todo o que se ha visto a o longo do cuadrimestre.

DATAS DE AVALIACIÓN

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024-2025, e publicado na web da Facultade. https://fccxxt.uvigo.es/gl/docencia/exames/

As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse no cronograma de actividades da materia, dispoñible na plataforma institucional Moovit da materia

CONSULTA / SOLICITUDE DE TITORÍAS

As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado da facultade, accesible en https://fccxxt.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/, e na plataforma institucional Moovit da materia.

DOCUMENTACIÓN DA MATERIA


A guía docente detallada está na plataforma institucional Moovit da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000