Debate |
O profesor fomentará a participación de alumno, xerando temas de debate durante as clases, e motivando que o alumnado aprenda de forma activa e participativa |
Foros de discusión |
Organizarase un foro de discusión na plataforma virtual onde se abordarán diversos temas e contidos relacionados coa materia. Estes temas serán propostos polo profesor e proporcionarán oportunidades para a discusión, o intercambio de ideas e a análise en profundidade. As actividades do foro de discusión son obxecto da avaliación continua. |