Tal e como se indica no Regulamento das Prácticas Académicas Externas, Artigo 4. e) Proceso para a avaliación e cualificación das Estancias Clínicas: a nota final da materia Estancias Clínicas estará formada por un 70% de Prácticum clínico, un 20% de sesións clínicas e un 10% de seminarios e portafolio.
- Prácticum clínico: realizarase unha valoración sistemática do alumnado onde o/a profesor/a recollerá datos sobre a participación deste, tendo en conta as actitudes e aptitudes adquiridas, tendo un valor do 70% da nota do practicum clínico (49% do total). Ademais, realizarase unha proba práctica ao final de cada rotatorio na que debe realizar a valoración, marcar os obxectivos, establecer o plan de tratamento e executalo, tendo un valor do 30% da nota do Prácticum clínico (21% do total). O/a profesor/a indicará ao alumnado ao final do rotatorio a súa avaliación continua e do exame, incidindo sobre os puntos fortes e febles desta valoración co propósito de que o alumno reflexione e nos seguintes rotatorios poida mellorar os seus puntos febles. A selección do grupo de prácticas por parte do alumnado faise nun periodo previo a matrícula ordinaria. De non facer esta preiscripción nas datas indicadas o alumnado será asignado ao grupo que a coordinación da materia considere. - Sesións clínicas: valorase, por unha parte, a exposición dos casos clínicos tendo en conta a valoración diagnóstica, obxectivos e plan de tratamento, claridade expositiva e a utilización de medios audiovisuais, e, por outra banda, a participación nun debate dos casos clínicos dos seus compañeiros. Ten un valor do 20 % das Estancias Clínicas. - Seminarios e portafolio: realizar unha valoración sistemática sobre a participación e interese do alumnado no desenvolvemento do seminario e a realización do portafolio. Ten un valor do 10% das Estancias Clínicas .
Ademáis, indícase que na Guía docente de cada ano académico establécense os requisitos que a/o alumna/o debe cumprir para superar a materia de Estancias clínicas que son os seguintes: CRITERIOS PARA SUPERAR A MATERIA: Para superar a materia o alumnado debe realizar as Prácticas clínicas, Seminarios, Sesións clínicas e o Portafolio.
Realizarase control de asistencia mediante sinatura nas Prácticas Clínicas. Por cada falta de asistencia sen xustificar restarase 2 puntos na nota final das Estancias Clínicas.
Nos Seminarios e Sesións clínicas pasarase lista.
O alumnado que suspenda dous ou máis probas prácticas terá opción de recuperalas na segunda convocatoria do mesmo ano académico conservando as notas das outras partes da materia.
DEBERÁ CURSAR DE NOVO A MATERIA:
- Se ten máis dun 15% de faltas nos rotatorios debidamente xustificadas.
- Se ten 3 faltas nos rotatorios sen xustificar.
- Se ten máis dun 15% de faltas nos Seminarios e Sesións clínicas.
- Se ten dous ou máis observacións sistemáticas non superadas.
- Se ten o Portafolio de dous ou máis rotatorios sen entregar. En cualquera das convocatorias se o alumnado obten uhna calificación numérica superior a 5, pero no cumpre coss requisitos establecidos para aprobar a materia tendrá unha calificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter calificacións inferiores spondrase a nota obtida.
|