Guia docente 2024_25
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Prácticas externas: Estadías clínicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Realizarase unha observación sistemática do alumnado para recoller datos sobre a participación deste. 5 A2
A5
B2
D1
D3
D4
D6
D7
Estudo de casos Valorarase a análise realizada sobre a base do diagnóstico, obxectivos e o plan de tratamento, así como a exposición e defensa do mesmo. 20 A2
A5
B1
B2
B3
C33
D1
D2
D3
D4
D6
D7
Prácticum, Practicas externas e clínicas Realizarase unha observación sistemática do alumnado para recoller datos sobre a participación deste, baseándose en condutas e en criterios operativos. 49 A2
A5
B1
B2
B3
C33
D1
D2
D3
D4
D6
D7
Cartafol/dossier O alumnado recolle información sobre as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación das estancias clínicas. 5 B3
D1
D2
Práctica de laboratorio O alumnado realizará a valoración, sobre a base desta marcará os obxectivos, o plan de tratamento, e executará o tratamento. 21 A2
A5
B1
B2
B3
C33
D1
D2
D3
D4
D6
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Tal e como se indica no Regulamento das Prácticas Académicas Externas, Artigo 4. 
e) Proceso para a avaliación e cualificación das Estancias Clínicas: a nota final da materia Estancias Clínicas estará formada por un 70% de Prácticum clínico, un 20% de sesións clínicas e un 10% de seminarios e portafolio.

- Prácticum clínico: realizarase unha valoración sistemática do alumnado onde o/a profesor/a recollerá datos sobre a participación deste, tendo en conta as actitudes e aptitudes adquiridas, tendo un valor do 70% da nota do practicum clínico (49% do total). Ademais, realizarase unha proba práctica ao final de cada rotatorio na que debe realizar a valoración, marcar os obxectivos, establecer o plan de tratamento e executalo, tendo un valor do 30% da nota do Prácticum clínico (21% do total). O/a profesor/a indicará ao alumnado ao final do rotatorio a súa avaliación continua e do exame, incidindo sobre os puntos fortes e febles desta valoración co propósito de que o alumno reflexione e nos seguintes rotatorios poida mellorar os seus puntos febles.
A selección do grupo de prácticas por parte do alumnado faise nun periodo previo a matrícula ordinaria. De non facer esta preiscripción nas datas indicadas o alumnado será asignado ao grupo que a coordinación da materia considere.
- Sesións clínicas: valorase, por unha parte, a exposición dos casos clínicos tendo en conta a valoración diagnóstica, obxectivos e plan de tratamento, claridade expositiva e a utilización de medios audiovisuais, e, por outra banda, a participación nun debate dos casos clínicos dos seus compañeiros. Ten un valor do 20 % das Estancias Clínicas.
- Seminarios e portafolio: realizar unha valoración sistemática sobre a participación e interese do alumnado no desenvolvemento do seminario e a realización do portafolio. Ten un valor do 10% das Estancias Clínicas .

Ademáis, indícase que na Guía docente de cada ano académico establécense os requisitos que a/o alumna/o debe cumprir para superar a materia de Estancias clínicas que son os seguintes: 

CRITERIOS PARA SUPERAR A MATERIA: Para superar a materia o alumnado debe realizar as Prácticas clínicas, Seminarios, Sesións clínicas e o Portafolio.


Realizarase control de asistencia mediante sinatura nas Prácticas Clínicas. Por cada falta de asistencia sen xustificar restarase 2 puntos na nota final das Estancias Clínicas. 


Nos Seminarios e Sesións clínicas pasarase lista.


DEBERÁ CURSAR DE NOVO A MATERIA:


- Se ten máis dun 15% de faltas nos rotatorios debidamente xustificadas.


- Se ten 3 faltas nos rotatorios sen xustificar.


- Se ten máis dun 15% de faltas nos Seminarios e Sesións clínicas.


- Se ten dous ou máis observacións sistemáticas non superadas.


- Se ten o Portafolio de dous ou máis rotatorios sen entregar.

En cualquera das convocatorias se o alumnado obten uhna calificación numérica superior a 5, pero no cumpre cos requisitos establecidos para aprobar a materia tendrá unha calificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter calificacións inferiores pondrase a nota obtida.


Información sobre as ausencias no prácticum clínico:
- As faltas con xustificantes non teñen repercusión na nota, pero teñen que notificarse ás coordinadoras e achegar copia do xustificante.
- Más de dúas ausencias xustificadas polo alumnado terán que recuperarse para non suspender o rotatorio.
- Ata dúas ausencias do profesorado serán substituidas por traballo en casa e non supoñen penalizacións na avaliación para o alumnado.
- Más de dúas ausencias do profesorado serán recuperadas acordando os días coas coordinadoras de prácticas.
- Se se teñen faltas previstas (competición, cita médica etc.)/ etc.) débense notificar con anterioridade ás coordinadoras e aos/as docentes do rotatorio.
-As recuperacións teñen que planificarse desde a coordinación da materia e o/a fisioterapeuta do rotatorio.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000