SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
PROBA 1: Exame teórico 1
Descrición: Proba tipo test de media hora máximo de duración, para avaliar os aspectos teóricos da materia.
Metodoloxía aplicada: Exame de preguntas obxectivas
% Cualificación: 10%
% Mínimo: nota media de polo menos 5 puntos (sobre 10) entre os exames teóricos 1 e 2.
Competencias avaliadas: A2, B9, C9, C22, C26, C28, C29, C30, C33, D4, D5, D8, D14
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA3, RA5
PROBA 2: Exame teórico 2

PROBA 3: Exame práctico 1
Descrición: Exame práctico no laboratorio informático
Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/o exercicios
% Cualificación: 25%
% Mínimo: para liberar esta parte da materia débese obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10)
Competencias avaliadas: A2, B1, B5, C22, C26, C28, C30, D4, D6, D8
Resultados de aprendizaxe: RA3, RA4, RA5, RA6
PROBA 4: Exame práctico 2

SISTEMA DE GAMIFICACIÓN: Resolución de problemas de forma autónoma
Descrición: Realización periódica das actividades do sistema de gamificación.
Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas de forma autónoma
% Cualificación: 30%
% Mínimo: para liberar esta parte da materia, débese obter polo menos o 70% dos Puntos de Mérito do sistema de gamificación.
Competencias avaliadas: A2, B9, C9, C22, C26, C28, C29, C30, C33, D4, D5, D8, D14
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6
Notas:
- Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas anteriores enténdese que se acollen ao procedemento de avaliación continua.
- Se un estudante non se presenta a algunha das probas por causa de forza maior, xustificada documentalmente, asignaráselle unha cualificación de 0 (cero) na mesma.
- As probas 1 a 4 para as que non se superen os mínimos de cualificación establecidos deberanse recuperar no exame de xullo.
- En caso de non alcanzarse o 70% dos PM do sistema de gamificación, poderase recuperar facendo as probas do sistema de avaliación global correspondente á convocatoria ordinaria de xaneiro, aínda que o peso na cualificación será o mesmo 30% do sistema de gamificación.
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL
Para optar por este sistema de avaliación global, o estudante deberá solicitalo formalmente no prazo que se habilitará un mes despois do inicio do cuadrimestre. Comunicarase a todo o alumnado, a través de Moovi, a apertura dese prazo de solicitude.
PROBA 1: Exame teórico
Descrición: Proba tipo test dunha hora máximo de duración, para avaliar os aspectos teóricos da materia.
Metodoloxía aplicada: Exame de preguntas obxectivas
% Cualificación: 40%
% Mínimo: para superar esta parte da materia a cualificación debe ser igual ou superior a 5 puntos (sobre 10)
Competencias avaliadas: A2, B9, C9, C22, C26, C28, C29, C30, C33, D4, D5, D8, D14
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA3, RA5
PROBA 2: Exame práctico
Descrición: Exame práctico no laboratorio informático
Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/o exercicios
% Cualificación: 60%
% Mínimo:para superar esta parte da materia a cualificación debe ser igual ou superior a 5 puntos (sobre 10)
Competencias avaliadas: A2, B1, B5, C22, C26, C28, C30, D4, D6, D8
Resultados de aprendizaxe: RA2, RA3, RA4, RA5, RA6
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARRERA
- Empregaranse os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente.
- Con todo, todos aqueles estudantes do sistema de avaliación continua que non alcanzasen o 70% dos PM do sistema de gamificación, deberán realizar as probas completas do sistema de avaliación global, non téndose en conta as probas que superasen durante o primeiro cuadrimestre.
PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS
Independentemente do sistema de avaliación e convocatoria, en caso de non superar algunha parte da avaliación cando a puntuación global fose superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será dun 4,9.
DATAS DE AVALIACIÓN
As datas das probas 1 a 4 correspondentes ao sistema de avaliación continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI: https://esei.uvigo.es/docencia/horarios
As datas de entrega de cada unha das tarefas do traballo autónomo do sistema de gamificación publicaranse na descrición de cada tarefa, e engadiranse ao calendario de Moovi para que o estudante poida sincronizalo co seu propio calendario.
As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da EEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI: https://esei.uvigo.es/docencia/horarios
EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición, salvo autorización expresa do profesorado da materia para a realización de determinadas probas, do uso de dispositivos móbiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da Universidade."
CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS
O sistema e horario de titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado da materia, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado
IMPORTANTE: Ante calquera contradición entre as diferentes versións desta guía docente debido a algún erro na tradución, prevalecerá a versión en castelán. |