Lección maxistral |
Nas sesións maxistrais exponse os contidos teóricos da materia. O profesorado proporcionará todo o material explicado na clase. Ao longo do proceso de instrución introdúcese metodoloxía que facilitan o desenrolo da metamemoria e metacoñecemento. Tamén se realizan prácticas pedagóxica en grupo de traballo que faciliten a internalización e aplicación dos contidos curriculares. O traballo en equipo aparece vencellado ao proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e do Traballo Social. |
Traballo tutelado |
Os estudantes traballan por equipos, e guiados por un plan de traballo, que concreta as actividades, as entregas e os prazos. As fases e actividades do traballo tutelado son catro: 1ºfase. Revisión bibliográfica; 2ºfase de deseño do produto que se pon ao servizo da comunidade; 3ºfase. De verificación do produto; 4ºfase. De exposición e presentación do produto. Este plan de traballo téñeno a disposición os/as estudantes na MOOVI.
O desenrolo de cada subproxecto, que desenvolve cada equipo de traballo, realizase en colaboración cos profesionais do museo etnolóxico de Ribadavia de Ourense, e de forma coordinada coa materia de 1º Antropoloxía: antropoloxía social e cultural (código O05G130V01602.). Durante a elaboración do traballo tutelado poderán levarse a cabo saídas de campo vencelladas a institución colaboradora.
O seguimento do traballo tutelado farase na aula, nas horas de prácticas dispostas para o caso, o feedback realizase de forma inmediata a cada equipo nos seminarios; e na fase inicial o docente elabora un informe coas recomendacións de mellora da calidade dos subproxectos, que estará dispoñible na MOOVI.
As entregas serán sucesivas e progresivas, efectúanse na MOOVI.
Os estudantes que participan desta modalidade adhírense a metodoloxía de Aprendizaxe Servizo e Aprendizaxe por proxectos. Asemade, os/as estudantes que o desexen poderán participar no Proxecto Aprendizaxe servizo.
Para os estudantes non asistentes
Elaboran un proxecto de forma individual, seguindo as mesmas fases que os estudantes asistenciais. No obstante, o proxecto e produto elaborado non se vencella ás institucións colaboradoras, nin tampouco ao traballo en equipo. As actividades e entregas vencellas ao proxecto seguen os mesmos prazos que os/as estudantes asistenciais. A exposición realizase o día do exame oficial da materia, ou ben o día de exposición dos proxectos dos/as estudantes asistenciais. A valoración do traballo require indefectiblemente cumprir coas entregas establecidas no plan de traballo e expoñer o proxecto realizado. Recoméndase pórse en contacto co/a docente para planificar o traballo tutelado, dende o inicio da materia.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Emprégase o aprendizaxe e o traballo cooperativo para organizar as actividades dentro da aula, de maneira que se fortaleza a cohesión grupal e tamén se desenrolen as habilidades de traballo en equipo. |