Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Teoría de máquinas e mecanismos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia e a participación do alumno nas prácticas de laboratorio e as memorias de práctica 20 B3
B4
C13
D2
D6
D9
D10
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final/parciais enfocados aos contidos correspondentes impartidos durante as clases de aula e laboratorio 80 B3
B4
C13
D2
D6
D9
D10
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia aprobase si se obtén unha cualificación igual ou maior que un 5
como nota final, da seguinte forma:


  • Prácticas de laboratorio. 


    • A asistencia con
      aproveitamento ao Laboratorio/Aula informática, a cualificación das
      memorias entregadas en cada práctica e os traballos tutelados, terán unha
      valoración máxima de 2 puntos da nota final, esta cualificación
      conservarase na segunda edición da convocatoria. Para poder ser avaliado
      neste apartado o alumno deberá asistir a un mínimo de 7 prácticas. 

    • Para os alumnos que soliciten
      renuncia á avaliación continua e a teñan oficialmente aceptada, existirá
      un exame final de Laboratorio cunha valoración máxima de 2 puntos. Se o
      alumno desexa realizar dita proba, debe avisar ao profesor antes do exame
      para que o profesor prepare o material necesario. 


  • Exame de preguntas de
    desenvolvemento. Terá unha valoración mínima de 8 puntos da nota final.

* Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo
a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOE de 18 de setembro).

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. No  caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase
que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo
de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación
global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000