Avaliación continua 1ª edición A asignatura aprobarase se se obtén unha cualificación* igual ou superarior a 5 como nota final, do seguinte xeito: A asistencia con aproveitamento ao Laboratorio/Aula informática, a cualificación das tarefas previas, as memorias e/ou cuestionarios en cada práctica e os traballos desenvolvidos terán unha valoración máxima de 3 puntos da nota final. As probas de avaliación continua terán unha valoración máxima total de 3 puntos da nota final. O exame final terá unha valoración máxima de 4 puntos da nota final. Establécese un mínimo de 1.5 sobre 4 no exame final para superar a materia. De non obter o mínimo no exame final, a cualificación final será a nota desta proba ponderada sobre 10.
2ª edición Na segunda edición, poderanse recuperar as probas de resolución de problemas, de tal xeito que a proba final terá unha valoración máxima de 7 puntos cunha puntuación mínima de 2.5 (sobre 7). A cualificación final das persoas que non consigan o mínimo nesta parte será a cualificación da proba de resolución de problemas de segunda edición ponderada sobre 10 puntos. Avaliación global Aquelas persoas que opten ao sistema de avaliación global seguindo os mecanismos establecidos pola Escola de Enxeñaría Industrial serán avaliadas como segue: Avaliación da parte práctica: Esta proba consiste na resolución dunha serie de cuestións relacionadas cos contidos impartidos nas sesións prácticas da materia. Terá unha valoración máxima de 3 puntos. Proba de resolución de problemas e/ou exercicios: O exame final terá unha valoración máxima de 7 puntos da nota final. Establécese un mínimo de 2.5 sobre 7 nesta parte do sistema de avaliación. De non obter o mínimo na proba de exame final, a cualificación final será a nota desta proba ponderada sobre 10.
Compromiso ético Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). *Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro). |