- A materia adecúase ó perfil profesional e académico ó contribuír á formación básica do alumno no campo da Economía, presente en numerosos aspectos no ámbito do desempeño profesional no sector turístico.
- A materia ten 6 créditos ECTS e posúe carácter obrigatorio. Cúrsase en 1º no 1º cuadrimestre. Inicia ó alumno nos aspectos económicos fundamentais, con especial atención ao sector turístico . Ten claramente unha relación de complementariedade con outras materias deste Grao, como por exemplo: Economía Aplicada ao Turismo, Planificación Pública do Desenvolvemento Turístico, Comercio internacional e Turismo ou Fiscalidade de Empresas Turísticas.
- Por unha banda, a materia analiza a conducta dos diversos axentes económicos que participan nos mercados. Por outra banda, presta atención ás principais variables macroeconómicas e ao impacto do Turismo nun contexto de economías abertas que participan no comercio internacional.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ó
profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b)
atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.