Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía: Introdución á economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 35 A1
A2
B2
C1
C2
C4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita na que o alumno deberá solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo establecido polo profesor. Deste xeito, o alumno deberá aplicar os coñecementos adquiridos.
35 A3
A4
B2
B5
B7
B10
C1
C2
C9
C10
D5
Traballo Os estudantes deberán ler un libro seleccionado polo profesor ao
comenzo do curso. A temática do libro estará relacionada cos contidos
explicados nas sesións maxistrais. Nembargantes, tamén se procura
que as lecturas teñan un rol complementario, que poida aportar algún
outro enfoque máis alá do estrictamente económico, como por
exemplo no eido histórico, xurídico, político, sociolóxico, etc.
A avaliación da lectura do libro farase mediante un ensaio sobre algún
tema relevante do libro que o alumno deberá redactar na aula.
Ademáis dos contidos, avaliarase tamén a redacción en xeral. En
particular, a capacidade de argumentación, cohesión no discurso, gramática e ortografía.
20 A3
A4
A5
B2
B3
B5
B7
B8
B9
C1
C2
C10
D5
Práctica de laboratorio O estudantes (en grupos de dúas persoas) deberán realizar, unha práctica no laboratorio proposta polo profesor que consistirá na procura e análise de datos económicos. O principal obxectivo será redactar as conclusións máis relevantes.
O traballo deberá presentarse a través da plataforma Faitic.
10 A3
A4
A5
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C9
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Edición de febreiro de 2021:

Haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción
A:
O estudante pode acollerse ao sistema de avaliación continua que se
acaba de expoñer. Entenderase que o alumno se acolle a este sistema  de
avaliación continua cando se presente a probas que en conxunto
representen máis do 50% na nota final.
Anunciarase a principio de curso
un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de avaliación
continua.

Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua terán a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Faitic antes da primeira proba de avaliación e de acceder regularmente á plataforma de teledocencia, para estar así ao corrente das novedades que se produzan.

Opción B: O estudante que non se acolla o sistema de
avaliación continua será avaliado mediante a realización dun examen
final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas
seguintes ponderacións: proba de preguntas obxectivas (40%), proba de resolución de
exercicios (40%) e exame do libro de lectura (20%).

Recuperación:

- Edición de xullo de 2021:

Novamente haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción
A:
Os estudantes que se acolleran ao sistema de avaliación continua
poderán conservar as notas dos catro tipos de probas realizadas.
Soamente poderán subir nota nas seguintes partes: Proba de preguntas obxectivas (35%),
Proba de resolución de exercicios (35%) e/ou exame do libro de lectura (20%).

Opción
B:
Os alumnos que non se acolleran ao sistema de avaliación continua
terán dereito a un exame final que abarcará unha proba de preguntas obxectivas (40%),
unha proba de resolución de exercicios (40%) e un exame do libro de
lectura (20%).

- Convocatoria Fin de Carreira:

O alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado
únicamente cun exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota. 

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son
as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola
Xunta de Facultade para o curso académico 2020-21. En caso de conflito ou disparidade entre
as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a
realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como
consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000