Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio forman parte das Actividades Básicas. En cada unha delas o estudante realizará un exercicio no que deberá aprender a manexar información para o estudo da economía mundial e de España.
Con ditos exercicios o estudantado aprenderá a organizar a información e a sintetizar os datos en
indicadores relevantes (PIB, poboación, PIB per cápita, coeficiente de apertura, taxa de actividade, taxa de desemprego, gasto público, produtividade etc.). Iso esixirá a realización de cálculos (taxas de variación, números índice, actualización de variables monetarias, taxas de participación), a súa representación e análise.
Tamén é posible a realización de outras actividades prácticas. |
Debate |
Neste Centro, proporáselle ao estudante un conxunto de lecturas. Cada lectura está relacionada con cada un dos temas do Programa. Posteriormente, haberá unha sesión presencial para o Debate aberto na aula ó redor dos contidos das lecturas propostas. |