Resolución de problemas |
Proba teórico-práctica inicial sobre os contidos impartidos nas sesións maxistrais e manexados nos exercicios. |
15 |
A2
|
|
C1 C3 C4 C18 C22 C33
|
D4 D9
|
Traballo tutelado |
Elaboración en equipo e exposición pública dun traballo consistente na tradución comentada dun texto pragmático. |
30 |
A2 A3
|
|
C1 C2 C3 C4 C8 C10 C14 C17 C18 C22 C27 C33
|
D4 D5 D7 D9 D12 D14 D18
|
A presente disciplina pode cursarse, na primeira convocación anual, en rexime de avaliación continua (en que se valorizará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a participación regular e activa nas aulas) ou de avaliación única (exame oficial). No entanto, na convocación de xullo só é posíbel o rexime de avaliación única (exame oficial). Na primeira convocación anual, enténdese que un alumno opta polo rexime de avaliación continua (o máis recomendábel nesta disciplina!) cando realiza algunha das actividades da avaliación continua (proba teórico-práctica, encomenda de tradución individual, traballo en equipo). Para superar a avaliación continua, o alumno deberá obter o aprobado na media aritmética ponderada das clasificacións na proba teórico-práctica (35 % da clasificación global), na encomenda de tradución individual (35 %) e no traballo en equipo (30 %); non obstante, no caso de a media aritmética das clasificacións na proba teórico-práctica inicial e na encomenda de tradución individual ser inferior a 4,6 puntos, a clasificación global coincidirá con esa media de dúas clasificacións. Os alumnos que non superaren a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán realizar a parte ou partes pertinentes do exame oficial da convocación de xullo (*), con conservación, dentro do mesmo ano lectivo, da clasificación da parte eventualmente aprobada na avaliación continua, ou acollérense aos reximes de avaliación de ulteriores convocatorias. (A proba teórico-práctica inicial será realizada durante a terceira semana lectiva de novembro, a encomenda de tradución individual será lanzada na primeira semana de decembro e o traballo en equipo será exposto e entregado na terceira semana de xaneiro). O exame oficial da disciplina (convocatorias de decembro [data, hora e lugar establecidos polo Decanato] e xullo [data, hora e lugar establecidos polo Decanato]) consta dunha parte teórica a redactar en galego (50 % da clasificación) e de outra práctica (50 %), a cal consiste na tradución para galego, a realizar no prazo de varios días no cadro dunha encomenda de tradución, dun texto pragmático redactado en inglés. (*) A proba teórico-práctica e o traballo en equipo da avaliación continua corresponden á parte teórica do exame oficial de xullo; a encomenda de tradución individual, á parte práctica do exame. |