A materia ten parte teórica (60% da cualificación) e práctica (40%), que se avaliarán do seguinte xeito: - Parte teórica: o alumnado que asista ao 80% das sesións teóricas poderá superar esta parte mediante a entrega de traballos de aula. O alumnado que non cumpra coa asistencia indicada ou non entregue os traballos establecidos deberá realizar un exame. - Parte práctica. o alumnado que asista ao 80% das sesións prácticas poderá superar esta parte mediante a entrega de traballos prácticos. O alumnado que non cumpra coa asistencia indicada ou non entregue os traballos establecidos deberá realizar un exame. Alumnado de segunda convocatoria: Gardaranse para a convocatoria de xullo as partes aprobadas (teórica/práctica) na primeira convocatoria. O alumnado que non aprobe algunha parte da materia na primeira convocatoria,
poderá optar na convocatoria de xullo por: - No caso de ter asistido a clase, pódense realizar as actividades pendentes de avaliación
positiva. - Realizar o exame teórico/práctico (según corresponda) da materia. As datas dos exames pódense consultar no apartado de Organización Académica da web do centro. |