Avaliación continua: - Parte A: mediante entrega de dous traballos, cada un representando un 30% da cualificación. - Parte B: mediante entrega de prácticas de laboratorio, que representarán en total un 40% da cualificación. É requisito asistir a un 80% das clases B para optar a avaliación continua nesta parte. É preciso aprobar as partes A e B para superar a materia.
Avaliación global:- Parte A: exame que representará un 60% da cualificación total. - Parte B: exame que representará un 40% da cualificación total. É preciso aprobar as partes A e B para superar a materia.
Alumnado de segunda oportunidade de avaliación:De non ter superada a materia na primeira oportunidade de avaliación, as competencias non adquiridas serán avaliadas na oportunidade de avaliación de xullo, para a que se gardarán as partes aprobadas (A/B) na primeira oportunidade. O alumnado que non aprobe algunha parte da materia na primeira oportunidade de avaliación, poderá optar na segunda por: - Parte A: Realizar o exame da parte A ou entregar os traballos de aula desa parte. - Parte B: Realizar o exame da parte B. As persoas que asistiran ao 80% das clases de laboratorio poderán tamén optar no seu lugar por entregar os traballos de aula desa parte. É preciso aprobar as partes A e B para superar a materia. As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |