Esta materia busca proporcionar ao alumnado unha visión eminentemente práctica do réxime xurídico da comunicación en España. A materia consta de dous grandes bloques. No primeiro analizaranse os dereitos e liberdades da comunicación. O segundo ofrece unha panorámica global da regulación das telecomunicacións, o audiovisual e Internet, atendendo especialmente ao réxime xurídico dos contidos. O que se busca é que os estudantes teñan unha visión xeral e práctica da regulación xurídica do sector no que desenvolverá a súa futura actividade profesional.